item

O Castro presentou o seu primeiro equipo nun acto previo ó comezo dos adestramentos do conxunto vermello, o cadro dirixido unha tempada máis por Marcos Veiga sufriu varias modificacións e estrea unha importante novidade, a entidade chegou a un acordo co Muimenta que pasa a ser o seu filial.

Tras firmar unha boa tempada, o groso do plantel renovou, así Yelco, Dumi, Pedro, Martín, Rico, Suso, Javi, Xaime, Vicente, Diego Novo, Álvaro, Dani, Marino, Omar, Hugo Buide, Gabi e Rubén continúan ás ordes de Marcos Veiga.

Tres son as baixas coas que conta o Castro, Mago, Saavedra e David Silva mudaron de aires. No apartado de incorporacións chegan Juanma (Pastoricense), Iván González (As Pontes), Yebra (Residencia), Óscar Ferreiro (Esteo), Jairo (Cospeito), Paz (Muimenta) e Adrián.

Más información en: http://goo.gl/b5sQlI

Fuente imagen: http://goo.gl/b5sQlI

Deje un comentario